A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez O Caderno Extraordinario da revista GRIAL vai dedicado esta vez á figura egrexia de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas. Baixo a denominación xenérica de A PALABRA E OS DIAS, o mesmo título que leva a Exposición Homenaxe que se pode visitar ata o 25 de maio na Casa da Cultura de Vigo, patrocinada pola Consellería de Cultura e Deportes e pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, este caderno extra de GRIAL reúne colaboracións de especialistas e unha minifotobiografía arredor da figura e a obra do poeta, investigador, crítico literario e editor.