Un proxecto de lectura progresiva destinado ós nenos e nenas que comezan a ler e a utilizar unha lingua estranxeira: o inglés. Concibido e realizado para se adaptar ás necesidades de ensino da lectura, este material destaca polo seu carácter motivador e lúdico. Partindo dunha lámina inicial, aparecen logo por separado os diferentes elementos que a integran en galego e coa súa traducción ó inglés, para facilita-la aprendizaxe do vocabulario e frases curtas. A granxa (The farm): a comida, a corte, o labor, o leñador, o pastoreo, a viaxe, o traballo, a noite, as estrelas, o curral, o ferreiro, a horta, a rega, a colleita, o descanso, o campo, a montaña, o pozo, o río, a limpeza, a chuvia, a neve, o deporte, os xogos, as flores.