¿Como reacciona a muller diante da morte, moi principalmente a viúva nova que perde ó seu marido? Marcial Gondar vén traballando dende hai máis de quince anos na cultura da morte en Galicia, fundamentalmente na Galicia tradicional, para ver de explicar dende ela moitos dos nosos comportamentos sociais, mecanismos de defensa ou de resistencia. Os mitos, as visións, os ritos e as crenzas de distinto tipo que o home tece ou constrúe arredor da gran traxedia individual, o pasamento, adquiren unha dimensión nova e clarificadora ós ollos do antropólogo, que os enxerga no conxunto coherente da colectividade. Non é casual nin aleatoria a elección da muller como obxecto deste estudio. Na nosa sociedade agrícola ou mariñeira, a muller desempeña un papel decisivo no sostén da casa, no fogar, no traballo, na educación dos fillos, na economía doméstica é, polo tanto, tamén na transmisión da memoria e dos valores básicos da célula familiar. Este libro, aínda que autónomo, complementa e enriquece a primeira entrega do autor nesta coleeción: Romeiros do alén (cara a unha antropoloxía da morte en Galicia).
