Achéganos Galicia Enteira 10, en dezaseis itinerarios, á bimilenaria Lugo cercada por unha fraga de pedra, á construcción literaria das paisaxes de tesos cumes, enfeitizadas devesas e vales silandeiros, ás orixes da arquitectura popular das pallozas, á primeiriza andaina do Camiño en Galicia, e á preocupada conservación da fauna e vexetación autóctona.