Neste libro colectivo ofrécense catro asequibles análises que pretenden actualizar e situar no seu xusto lugar a dimensión creativa e humana de Roberto Blanco Torres e mais o tempo que lle tocou vivir. Deste xeito, dende os seus primeiros socalcos biográficos ?preparados cronoloxicamente polo seu sobriño neto, Juan L. Blanco?, pasando pola precisa contextualización histórica ?realizada polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Xosé Manuel Nuñez Seixas?, pola interpretación e fortuna crítica do autor de Orballo da media noite e De esto y de lo otro ?estudiada concienzudamente polo investigador Ramón Nicolás Rodríguez?, o máis groso da súa obra xornalística ?analizada polo profesor Marcos Valcárcel?, e unha completa bibliografía sobre Roberto Blanco Torres preparada por Juan Blanco Valdés, deséñase unha panorámica global na que se desvela con pulcritude a singularidade o exemplo ético de Blanco Torres. Velaquí, pois, unha contribución dirixida especialmente á divulgación entre o alumnado de ensino secundario e o público curioso, que, ilustrada con fotografías (boa parte delas inéditas), cubertas de libros e retallos de prensa, permite descubrir unha figura que, furtada da divulgación ó longo de moitos anos, chega neste tempo como un alento fresco sempre vivificador. Encadernado en rústica.
