¿Qué son os cogomelos? ¿Cales son as súas caracterÃsticas morfolóxicas? ¿Que papel representan na alimentación, na industria ou na medicina moitÃsimas diversidades de especies? ¿Como cabe diferenciar as comestibles das tóxicas? ¿De que xeito o micófilo pode introducirse en novos campos da micoloxÃa? No presente libro dáse cumprida resposta a estas interrogantes e outras máis. Marisa Castro, unha rigorosa e coñecida investigadora da botánica do noso paÃs, abre un detallado mapa de coñecementos, que xa comezara, xunto con LuÃs Freire, con aquel GuÃa das setas ou cogumelos comestibles de Galicia (Xerais, 1982), continuara con Setas ou cogumelos de Galicia -extraordinario éxito de crÃtica e de vendas nas súas tres edicións nesta mesma colección-, e que completa agora incluÃndo novas especies, novos Ãndices, un mellor tratamento gráfico e unha interesante ampliación no apartado de receitas de cociña. Trátase, xa que logo, dunha obra escrita con seriedade, rigor cientÃfico e bo coñecemento de tódolos aspectos que nela se incriminan. Afeccionados, expertos e todo aquel que se interese polo apaixonante mundo da micoloxÃa galega quedará recoñecido ao meritÃsimo esforzo realizado pola autora.
