Antonio e Carlos fan festa no piso. Hoxe toca trasnoitar para comprobar unha vez máis as dúbidas, os afectos atoutiñantes tolleitos polos medos, que acaban por embargar a calquera fato de mozas e mozos que se xuntan no feitizo da alta noite. O poder da xuventude,a ansia de esgazar os misterios da vida, a necesidade imperiosa de amosarse, todo conspira para que un simple magosto sexa algo máis. Escóitanse sons da Nova Trova Cubana, ardidas discusións políticas, e ninguén repara na calidade dos bullotes que eles trouxeron de Ourense.