¿Existe unha literatura periférica? ¿Referida a que? ¿Cómo se contempla a narrativa galega do noso tempo no marco universal das literaturas? O autor incorpora novos conceptos a un vello debate: a creación, o escritor, a palabra e a sociedade. Conceptos como etnopoética, resistencia, antidiscurso, etc., intentan unha interpretación global da nosa narrativa contemporánea na procura dunha maior claridade dos textos e dos conceptos. Escribir sobre a literatura galega e, máis concretamente, aobre a súa producción máis recente -explica o autor no limiar- require, en principio, a inmersión do analista nun espacio social dominado por unha serie de contradiccións que esixen a súa representación tanto no texto creativo como no crítico. ¿Cómo apropiarse dos conflictos económicos, sociais, políticos e culturais de Galicia sen reflexar, ao mesmo tempo, as deficiencias conceptuais e operativas dunha linguaxe crítica condicionada por estas mesmas contradiccións? Velaí, se acaso, a única certeza que deambula por estas páxinas, que naceron cun único propósito: o de axudar na recuperación colectiva da silenciada voz galega.
