Esta GuÃa bibliográfica de lingüÃstica galega, por outra parte, constitúe tamén unha auténtica fotografÃa do estado actual do conxunto de estudios filolóxicos e lingüÃsticos realizados sobre a lingua galega. Cabe, pois, unha lectura dela a xeito de mapa corográfico destes estudios: ó indica-lo que existe, coa súa extensión e altitude, tamén se poderán comprobar cales son as áreas inexploradas ou que menor atención ocuparon ata hoxe, qué área centraron as angueiras investigadoras e que terras están aÃnda agardando a á intelixencia que abra novas vereas, anchee congostras, describa camiños ignotos e descubra novas e insospeitadas rotas. Os autores pretenderon darlle a esta súa contribución a feitura dunha guÃa que, ó tempo que ofrecese información sobre o material bibliográfico producido verbo de cada materia puidese servir de orientación. Este é o motivo polo que en cada unha das seccións ou subseccións se inclúen breves comentarios introductorios cos que se pretenden destaca los traballos que en cada caso parecen máis recomendables para unha primeira aproximación ou para obter unha visión xeral dos diferentes aspectos lingüÃsticos. A presente guÃa ten, pois, un carácter á vez orientador e selectivo. O material bibliográfico aparece ordenado tematicamente en diversas seccións: repertorios bibliográficos, obras xerais de consulta, dialectoloxÃa, historia da lingua, sociolingüÃstica, psicolingüÃstica, estudios contrastivos e traduccion, fonética e fonoloxÃa, morfoloxÃa e sintaxe, e léxico. Esta obra constitúe unha contribución decisiva á historiografÃa da lingüÃstica galega, da que aÃnda faltan tantas páxinas por escribir. Dirixida ós especialistas e profesores de lingua galega, tamén interesará a todas aquelas persoas que pretenden recabar información sobre a nosa lingua.
