A creación do personaxe no ciclo artúrico é a clave da minuciosa e certeira biografía literaria? de Merlín, mago, profeta e conselleiro de reis, feita polo xove investigador Santiago Gutiérrez. De pregunta semellante debeu partir a inquedanza de Santiago Gutiérrez: ¿Como fixo, Geoffrey de Monmouth, para inventar Bretaña?, ¿Como fixeron Wace e Chétrien de Troyes? Destes interrogantes nace a primeiriza e ben lograda investigación de S. Gutiérrez que co título Merlín e a súa historia acaba de saír. Primeiriza porque empata directamente coa tesiña de licenciatura deste novo (e annovador) investigador, e ben lograda porque ofrece un resultado callado de madureza e minuciosidade. Comeza Gutiérrez por desenlear a confusa trama na que asoma o mago e profeta, nomeado como Merlius Silvester ou Ambrosius nas crónicas e nas lendas célticas. Estes materiais dispersos serán reelaborados imaxinativamente por Geoffrey de Monmouth, quen en Prophetiae Merlini, Historia Regum Brtitanniae e Vita Merlini inicia a construcción do universo artúrico. Gutiérrez esmiúza a obra de Monnouth para poñer en relevo as pecularidades e orixinalidade da composición do seu Merlín, que pasará a ser a estrela dunha ricaz tradición literaria. O Roman de Brut de Robert Wace converterase despois na ponte de paso ás linguas romances da materia bretona. Na definición da identidade merlinesca foron decisivas as obras de Robert Boron ?Joseph d?Arimahie, Merlín, e Perceval?; quen será o primeiro en concibir un conxunto de romans, articulados ao redor da empresa do Santo Grial, que arelaban contar a historia do reino de Logres, de Merlin, e de Artur e os seus cabaleiros. Boron mudará a identidade do mago-profeta en profeta do Santo Vaso e asentarao de vez na corte do monarca bretón. Obras posteriores, como a Suite-Vulgata ou a Suite do Merlín virán a arriquecer levemente o perfil do personaxe tracexado, pero mutiplicarán o protagonismo de Merlín no grande relato.
