Nós nus é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba. Trátase dun libro de poemas que demostra a capacidade poética da autora, o seu dominio da escrita e a potencia con que está a xurdir unha nova e puxante xeración de poetas, especialmente no que atinxe á poesía de muller no panorama literario galego.