Xerais presenta co inicio do curso 2001-02 a primeira entrega deste proxecto de diccionarios inversos, o Diccionario Xerais Galego ? Castelán / Castellano ? Gallego, preparado por LuÃs Castro MacÃa. Este é un diccionario inverso destinado a tódalas persoas interesadas en consultar de forma rápida, rigorosa e actualizada as correspondencias entre os termos normativos galegos e os casteláns. Un diccionario inverso que recolle 23.000 entradas de cada unha das linguas e máis de 60.000 mil acepcións de cada unha delas. Un diccionario que proporciona información sobre as diversas correspondencias e sinónimos de cada unha das entradas, os seus diferentes niveis de uso e, cando é preciso, a fraseoloxÃa propia de cada forma; asà como a caracterización e subcategorización gramatical e o réxime dos verbos. O diccionario inclúe, ademais, un completo apéndice gramatical da lingua galega e os modelos de conxugación dos verbos casteláns.