Extrañas desaparicións. Unha nena especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos... Trata publicación de A aurora boreal, neste segundo volume da triloxía A materia escura Lyra e Will viaxan de mundo en mundo e descobren un segredo: un obxecto de poder extraordinario e devastador. Pouco a pouco achegaranse a ameazas cada vez maiores e á sorprendente verdade dos seus destinos... A Will agárdalle unha grande aventura; dende que fuxiu tras acabar cun home que buscaba información sobre o seu pai desaparecido, ocórrenlle feítos sorprendentes: entrou nunha dimensión descoñecida, onde coñece a Lyra. Ambos loitarán para acadar un obxectivo común, pero non será nada doado porque o mundo de Cittágazze está cheo de perigos. Alí agárdaos un obxecto misterioso e que ten moito poder, polo que moitos darían calquera cousa. Tralos galardóns que obtivo o primeiro volume da saga, O coitelo sutil seguiu colleitando boa acollida por parte dos lectores e da crítica. Así, recibiu o premio Parent´s Choice Gold Book Award, o premio da Asociación de Bibliotecarios Americanos ao Mellor Libro Xuvenil e o premio Publisher´s Weekly Best Book of the Year, entre outros. Novas e poderosas forzas entran en acción nesta outra entrega de Philip Pullman, que constrúe para os lectores unha emocionante rede de historias que se mesturan no tempo e no espazo con gran dinamismo e orixinalidade argumental; por iso A materia escura converteuse nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e á imaxinación rebordante do seu creador. A súa primeira parte estaba ambientada na época victoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e das crenzas; a presente aventura transcorre no mundo actual coñecido. Persiste a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno a elementos de calado filosófico, a curiosidade científica e as dúbidas existenciais que cuestionan a
