Neste caderno facemos todo isto: vemos os accidentes que podemos sufrir na casa e o modo de os evitar, empezamos coa grafía do número 6 e traballamos con esta cantidade, pero tamén lembramos o 3, o 4 e o 5; progresamos no trazado da letra "e", traballamos cos conceptos arriba-abaixo e diante-detrás , distinguimos formas nunha intersección de figuras, recoñecemos obxectos polas formas, trazamos un camiño e desenvolvemos a habelencia manual e a composición.