Este é un estudio sobre Britonia, un asentamento celto-británico do noroeste da Península no alto medievo. Moitos historiadores de calidade como, por exemplo, Pierre David e Antonio García y García, aportaron valiosas contribucións sobre Britonia. Pero a tese deste libro é que o corpus establecido por estes especialistas é limitado. Neste traballo, o autor, combinando coñecementos da civilización celto-británica e do medievo galego, achégase a esta área xa ben explorada da historia a través de rutas pouco usuais e inesperadas: a toponimia, a antroponimia, o folclore, documentación medieval anteriormente desatendida e a comparación coa diáspora celto-británica noutras rexións de Europa. O libro está dividido en tres partes. Na parte 1 examínanse as fontes tradicionais sobre o asentamento. A parte 2 presenta novas fontes de estudio. A parte 3 é unha interpretación provocativa das fontes utilizadas tanto na primeira como na segunda parte. Os apéndices inclúen unha reproducción do traballo do Padre Flórez sobre a diócese de Britonia.
