Os montes veciñais en man común constitúen ao redor de 3.000 unidades produtivas comunitarias que ocupan en torno ás 700.000 hectáreas da superficie de Galicia. Ao longo da segunda metade do século pasado experimentaron varios réximes institucionais, ata que a partir de 1968 comezou un proceso de devolución da propiedade do monte ás comunidades de veciños, proceso que se foi consolidando coa lei 13/1989 do Parlamento de Galicia, instituÃndo un réxime legal vixente até a actualidade. Coa devolución das superficies comunais aos seus lexÃtimos propietarios agardábase non só outorgar a estes un recoñecemento moral e polÃtico, senón tamén facilitar a mobilización produtiva das terras a monte e o desenvolvemento das áreas en que os montes veciñais teñen maior presenza. Estas expectativas están lonxe de ser colmadas, a dÃa de hoxe. Por que estes activos fÃsicos susceptibles de ser mobilizados produtivamente non suscitan a autoorganización das comunidades.