A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa personalidade dun dos grandes escritores da literatura galega. Da man de Ramón Nicolás , biógrafo e editor da súa obra literaria, rescátase a voz e a palabra do autor celanovés, cando se cumpren trinta anos do seu pasamento, para dar conta da súa opinión política e literaria e para mergullarnos nun «universo Celso Emilio » que en boa medida goza de plena actualidade e validez.