Cando a palabra castelá da entrada ten un único sgnificado, tras a caracterización gramatical figura a palabra ou palabras galegas equivalentes sen ningún tipo de definición. Non obstante, nos casos en que a correspondencia das formas galegas e as castelás pode resultar ambigua ou problemática inclúese tamén unha breve explicación entre parénteses.