O que Alba levaba na mochila valía máis, moito máis, ca a variña dunha fada. Na vila todos, nenos e nenas, devecían por descubrilo. Unha sinxela historia chea de sensibilidade que ensina como se pode ser feliz cunhas poucas cousas que incluso caben dentro dunha mochila.