Jack London (1876-1916) realizou unha longa viaxe pola Polinesia entre os anos 1907-1909. Logo de coñecer por experiencia propia a vida nos Mares do Sur, o escritor norteamericano trasladou á literatura ese mundo descoñecido, facéndoo dun xeito especialmente atractivo para o lector pero mantendo a tensión dramática da mellor literatura. Os relatos que aparecen neste libro están cheos de conflictos e o triunfo nunca será da moral senón das forzas primixenias, da violencia dos homes ou da forza da natureza. Deste xeito, Jack London soubo trazar, cunha prosa de gran precisión e unha cualidade literaria abraiante, unha metáfora da loita do home pola sobrevivencia en relatos como «Koolao o leproso», ou a superioridade do máis apto en «Mauki» ou «O dente de balea», a inxustiza e o desprezo pola vida en «O chinago» ou a forza da natureza en «A casa de Mapuhi».