¿Cómo era hai cen anos esta cidade? ¿Qué rostros, que personaxes, que tipos humanos a habitaban? ¿E que iniciativas, ensaios, proxectos ou utopías fixeron dela a 'nova California', a 'Barcelona atlántica', o 'San Francisco galego', que era como lle chamaban os nosos avós. Este libro ten o engado dos vellos daguerrotipos, ou daquelas antigas placas de vidro coas que os fotógrafos de principios de século tentaron plasma las primeiras instantáneas da cidade, porta do Atlántico á que moitos chegaban camiño das Américas para logo ficaren nela a vivir. Hai cen anos Vigo era un pequeño burgo duns poucos milleiros de habitantes. Para xa daquela soaba polo mundo. O seu crecemento foi abraiante, vertixinoso, e nestas páxinas están algúns dos seus primeiros protagonistas: Elduayen, Tomás Mirambell, Elías Pérez (profesor do Colexio de Humanidades), os Curbera, Cesáreo Corbal, García Barbón, Luís Taboada, González Sierra. Daquela, os empregados do Cable Inglés ensinaban a xogar ó fútbol ós nosos avós, e na praia anunciaban salutíferos baños as instalacións de 'La Iniciadora'.
