On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



AS CC.OO.DE GALICIA: E A CONFLICTIVIDADE LABORAL DURANTE O FRANQU ISMO de GOMEZ ALEN, JOSE
AS CC.OO.DE GALICIA: E A CONFLICTIVIDADE LABORAL DURANTE O FRANQU ISMO

Autore
GOMEZ ALEN, JOSE
Editor
EDICIONS XERAIS DE GALICIA SA
Isbn
9788475079515
Clasificación
Historia de Galicia
Precio
€ 16,71

José Gómez Alén, historiador e presidente da Fundación 10 de marzo, preparou esta nova entrega da colección Crónica, As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, que constitúe a primeira historia sistemática sobre o sindicato de CC.OO. de Galicia durante a etapa franquista. Utilizando unha grande variedade de fontes documentais primarias: fundamentalmente actas de xurados de empresa; prensa, tanto legal como clandestina; expedientes de avogados laboralistas; documentación de empresas; e numerosas testemuñas orais a cargo dos protagonistas. O autor tenta recuperar así a memoria histórica daqueles homes e mulleres que aportaron o seu compromiso individual á construcción dun proxecto colectivo que servise como instrumento de loita socio-laboral para o conxunto dos traballadores. As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo proporciona unha aproximación global ó estudio da conflictividade industrial e da oposición obreira ó franquismo, buscando, tanto a reconstrucción dese proceso histórico, como de senta-los alicerces para futuros estudios de carácter monográfico ou local sobre as condicións ás que estaban sometidos os traballadores industriais durante o período de estudio, que abrangue desde o remate da guerra civil atao ano 1978, cando serecoñeceu a liberdade sindical. O libro de Gómez Alén subliña que a reconstrucción do movemento obreiro galego e o rexurdimento da conflictividade laboral de carácter colectivo están vencellados á aparición e consolidación dunha nova forma de organización sindical que rompe coas tradicións: as Comisións Obreiras. Sinala, tamén o autor, a dureza das condicións de traballo nas factorías e a influencia que sobre elas exerceu a introducción de novas formas de organización do traballo, deténdose, especialmente, na reconstrucción dos fenómenos de maior conflictividade, como foron os acaecidos en Vigo e Ferrol durante o ano 1972. O volume complétase cun documentado índice onomástico, apéndices documentais e material gráfico de grande interese documental.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios