Trala espléndida acollida da primeira edición de A memoria de Vigo. Ãlbum de postais, realizada por Xerais en 1994, aparece agora a reedición deste fermoso libro de postais antigas da cidade, recollidas gracias ó minucioso traballo de coleccionista de Juan F. MartÃnez-Herrera. Os textos -en galego, castelán e inglés- de VÃctor F. Freixanes, Lalo Vázquez Gil, Xesús Franco González e Xosé LuÃs Méndez FerrÃn debuxan unha evocadora e singular panorámica da cidade olÃvica.