Vigo e comarca en Bicicleta de montaña, un dos libros máis vendidos neste verán, é un libro para os afeccionados a este deporte que pretende facilitarlle ó lector unha serie de rotas e percorridos nos que pode prescindir do coche. Pensado especialmente para o público da comarca viguesa, o libro dá ideas, mostra recorridos, ensina itinerarios atractivos e fermosos ós usuarios da mountain bike que poden elixir entre 20 rotas diferentes. Trátase dun libro que axuda a coñecer mellor a zona e que o tempo proporciona todo tipo de información práctica, consellos, etc., acerca do mundo da bicicleta e en concreto destes 20 itinerarios que nos poden levar desde polo alto do Monte Aloia, desde a Madroa ó parque Vixiador, pola zona de Monteferro (nunha rota curta e cómoda), polo Monte Faro, a través da Costa da Vela (na PenÃnsula do Morrazo, coas súas incomparables paisaxes), polo alto da Serra da Grova (nos montes de Baiona), esa rota circular entre o Curro de San Cibrán e o Alto da Pedrada, ós cumes do Galiñeiro, tan cerca e tan lonxe de Vigo, á mÃtica rocha de Beethoven, etc. Itinerarios para facer mesmo a pé (por tramos) se o camiñante é atrevido, que se realizan coa estimable axuda de bos planos e de perfÃs de cada rota, asà como de estimulantes fotografÃas que poden referenciar o terreo e axudar a elixir a rota máis apetecible. O libro, fermosamente prologado por Ãlvaro Pino, foi feito polo seu autor, Xosé Ramón Varela, coa idea de facer unha guÃa activa, coa que o ciclista poida resolver calquera dúbida que lle xorda sobre o camiño en calquera momento. O sistema gráfico de edición do libro, que segue o esquema das revistas especializadas francesas, é de grande comodidade e utilidade para a súa visualización e manexo por parte do afeccionado.
