On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ANTELA: A MEMORIA ASOLAGADA de MARTINEZ CARNEIRO, XOSE LUIS
ANTELA: A MEMORIA ASOLAGADA

Autore
MARTINEZ CARNEIRO, XOSE LUIS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483021865
Clasificación
Historia de Galicia
Precio
€ 32,00

Antela, A memoria asolagada é un libro colectivo, promovido por Xosé Luís Martínez Carneiro, no que se ofrece un amplo percorrido fotográfico polas diferentes faces da Lagoa dende a súa desecación ata os actuais traballos de concentración parcelaria, e mais un conxunto de estudios científicos que permiten coñecer a interrelación do ser humano coa veiga antelá ó longo dos séculos. Augusto Pérez Alberti no seu traballo Polo regueiro da barca cara a porta do mar caracteriza o espacio xeográfico antelá, valorando como irreversibles as modificacións que se levaron a cabo na Limia, tanto no sector da Lagoa como noutros lugares, froito da desecación realizada nos anos sesenta e do posterior proceso de concentración parcelaria. Manuel Mandianes no traballo Auga de mortos e vivos recorda os aspectos antropolóxicos e mitolóxicos ao redor da Lagoa. Os aspectos históricos e arqueolóxicos da comarca son estudiados por J. C. Rivas Fernández, Do pouso da corza ó carreiro das Antas; Eleutino Álvarez, Polo camiño do crego. C. Rodríguez Cao, Desde os castelos. Paco Franco Rodríguez estudia os aspectos demográficos no seu traballo Cara as poulas do Rei. Serafín González estudiou as diversas iniciativas de desougamento da Lagoa nos traballos Da auga redonda a auga levada e As leiras do espido. Os aspectos medioambientais foron estudiados por Isabel Álvarez e Marcos Freán (flora), A. Villarino Gómez (fauna), Roxelio Pérez Moreira (paisaxe). Os aspectos toponímicos foron estudiados por Soedade do Muíño e Constantino Pazos no traballo Os chamadoiros da Lagoa. Por último, o grupo de danzas populares Castro Floxo amosa o traballo de recuperación do folclore popular, que leva realizando dende hai dezaoito anos, no texto que pecha o volume, O souto do canto e na cinta casete co mesmo título que acompaña ó volume. O libro de grande presencia visual, contén 294 fotografías, froito dun minucioso traballo de investigación e de recuperación no que participaron diversas comunidades educativas de centros escolares da comarca limiá, grupos ecoloxistas, asociacións culturais e veciñais, institucións públicas e privadas, e cidadáns anónimos.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios