On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ROTAS PARA CAMIÑANTES (II) PONTEVEDRA de ARMADA, PACO
ROTAS PARA CAMIÑANTES (II) PONTEVEDRA

Autore
ARMADA, PACO
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483020677
Clasificación
Mundo
Precio
€ 16,38

Rotas para camiñantes (I) Pontevedra é un libro coidadosamente elaborado para proporcionar información precisa e útil tanto sobre tódolos sendeiros existentes na provincia de Pontevedra, avalados e homologados pola Federación Galega de Montañismo e sinalizados coa normativa internacional, como por outros que a experiencia do autor aconsella reflectir. O presente volume, editado por Xerais coa colaboración do Club Peña Trevinca e a Federación Galega de Montañismo, foi preparado polo montañeiro e sendeirista vigués Paco Armada que nos conduce do Galiñeiro ó Aloia, de Mondariz a Vilasobroso, polo carreiro dos petroglifos de Baiona, polo mosteiro de Carboeiro e a fervenza da Toxa, por terras de Cuntis, de Pontesampaio a Pontevedra... O libro forma parte dun ambicioso proxecto de catro volumes (un por provincia) que abarcará toda a xeografía do noso país. Nacido cunha vocación de servicio está dirixido ós monteñeiros, excursionista e a a tódalas persoas a quen lles guste andar e mesturarse coa paisaxe galega. Pensadas tanto para expertos como para afeccionados, pretende facilitarlle o camiñante o seu desprazamento por terreos pouco coñecidos. A presente guía inclúe unha demorada descripción de 16 rotas, pensadas para realizar como máximo nunha xornada, acompañadas de mapas de cada unha delas (onde se sinalan o itinerario e os puntos de interese natural, paisaxístico e histórico-artístico), cadros (que sinalan distancias, cartografía e desniveis). Complétase o volume con fermosas fotografías de cada unha das rotas, tiradas polo propio autor e de cadros dos sinais oficiais de sendeirismo e dos símbolos empregados nos mapas e itinerarios. Como sinala Xosé L. Freixeiro, prologuista do volume e Presidente da Federación Galega de Montañismo, �este libro será un elemento de consulta necesario para todo aquel que teña interese en facer excursionismo balizado a pé, en bicicleta ou a cabalo, por uns percorridos cheos de beleza, en contacto coa natureza�.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios