A colección Cabalo buligán reúne conÂtos da nosa tradición oral, son as noÂsas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conÂto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en prÃncipes ou prinÂcesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas correÂdoiras da imaxinación.Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protagoÂnizados por animais.Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmÃtennos a través destes contos, aqueles mÃticos tempos cando os animais falaban.