Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.Unha chave non é suficiente é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que se duplica calquera chave, con ou sen mostra.O caso do unicornio azul conta a historia dunha unicornia que acodea unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.Vanesa e o anuncio da televisión conta a historia dunha nai empeñadaen que a súa filla sexa unha artista da televisión.Un artista de neón: un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos.¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato O caso do estraño empregado?Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en Ser superheroe non é doado e Noites de lúa chea.O libro das infinitas historias, o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
