O volume que edita hoxe a colección Arealonga contén tres novelas que, de algún xeito constituen unha triloxia. Trátase, por decilo de algunha maneira, do ciclo do neno dentro da novelística de Neira Vilas . Ainda a risco de simplificarmos unha migueña, na narrativa de Neira Vilas hai dous eixes: o da aldea natao o da infancia. Neira Vilas, transterrado na Arxentina ou en Cuba, retorna unha e outra vez o seu curruncho natal e á súa nenez. De tódoslos xeitos nalgún relato soio hai un eixe xa que o retorno á infancia implica o retor á aldea, á súa aldea.