Ao pé de cada hora e Tempo de Compostela Versións definitivas de dous poemarios de Salvador García-Bodaño O presente volume recolle as edicións definitivas e revisadas polo autor de Ao pé de cada hora e Tempo de Compostela. Unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño, unha das voces de referencia inescusable da lírica galega contemporánea, que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.