(Edición bilingüe) Quince cordas sonoras, de distintas intensidades e matices, de moi diversos mundos e rexistros, quince voces qie van da prosa poética á canción amorosa, lírica, doce, ou desgarrada, ou o poema visual e que ofrecen un panorama da poesía nova galega, filla do noso tempo e coñecedora da súa rica tradición.