Este libro ten unha diferenza con todos aqueles outros libros publicados sobre Xaquín Lorenzo Xocas: é Xocas quen fala por si mesmo. Os títulos dos diferentes apartados do libro están tomados de frases ditas por Xocas, agás o primeiro: unha pregunta que se irá desenvolvento ó longo de todo o libro. Xocas accede a que o entrevisten na súa casa dous rapaces: o irmán do autor deste libro, Federico Martinón Torres, e un compañeiro do colexio, Santiago Soto Iglesias, no ano 1986. Neste libro Xocas fala da súa nenez, da súa vocación de etnógrafo, arqueólogo e galeguista, as tertulias que tiña con Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas, Xesús Taboada Chivite e tantos outros personaxes da vida política e cultural de Galicia; a lingua galega, a cultura, etc. son aspectos que trata dun xeito aberto e que deben de ser coñecidos como parte da súa idea de Galicia. Máis tamén aparecen outras entrevistas realizadas por Marcos Matinón-Torres a moitos achegados e amigos de Xocas. Todos estes comentarios aparecen espallados polo libro dándolle unha uniformidade e completando todo aquilo que é necesario para coñecer a personalidade deste persoeiro
