O Samaín é unha festa de orixe celta, que se celebra na noite do 31 de outubro. Moitas son as vilas galegas que están a recuperar esta tradicional festa de outono, onde as cabazas, as candeas e as castañas son as principais protagonistas. Nesta obra teatral teremos ocasión de acompañar un grupo de cabazas no seu camiño cara á celebración da súa festa anual: O Samaín.