Unha obra fundamental, de referencia para calquera biblioteca. Trátase da primeira historia da nosa lingua elaborada tendo en conta os criterios científicos da filoloxía moderna e que ademais, partindo dos estudios lingüísticos existentes, recolle todo o publicado ata o de agora sobre o tema, abranguendo unha bibliografía extensa e completa. Velaquí, en consecuencia, unha obra fundamental para a cultura galega. Como obra de referencia e de consulta inexcusable para calquera cuestión relacionada co idioma, trátase daquela dunha obra magna, froito dun traballo de investigación realizado durante varios anos e cunha capacidade de síntese e exposición excepcional. Esta obra resume non só a historia da nosa lingua, senón a historia da formación e consolidación dunha cultura e dunha comunidade diferenciada: Galicia.