Toda palabra, por definición, é escura. Ilumina coa súa soa mención unha parcela da escuridade do mundo, aquela á que apela, pero oculta outra, aquela que rodea ó que remite. A noite, pois, vive na palabra, é a súa compañeira ineludible, vive en íntima comuñón coas súas sílabas. O labor do crítico resulta paradoxal, pois consiste en penetrar nesa noite co mesmo instrumento có empregado polo escritor: a palabra. Polo tanto, ó crítico -calquera crítico- o único que lle queda é aprosimarse a esa noite tratando de botar algunha luz de entendemento sobre as zonas opacas dos textos.