Varios autores Esta publicación recolle unha selección da obra do artista vigués Pedro Solveira e incorpora, así mesmo, comentarios e textos críticos, entre outros, de Carlos Areán, Francisco Pablos ou Antonio Landesa. Pintor e escultor vigués de difícil adscrición a un determinado grupo, Pedro Solveira exprésase dun xeito moi persoal ó empregar como soporte habitual a chapa de ferro, que cicela e sobre a que estende esmaltes para que as altas temperaturas transformen as súas tonalidades iniciais.