Faktoría K de libros , que o Xornal de Galicia confunde con Kalandraca no último suplemento Nós, acaba de publicar o primeiro libro bilingüe galego-chinés. Leva por título O nacemento do dragón e conta a historia mítica de como apareceu este animal tan cargado de simbolismo na cultura dese gran país. A mesma editora prepara o lanzamento do I Premio de poesía Ciudad de Orihuela do que é autora Beatriz Osés e que ilustra Miguel Ángel Díez ( Ilustrador tamén de Los animales de la lluvia ).