O Bruno vai a unha escola na que hai nenos de todas as razas e cores. Na aula, o profesor proponlles xogos moi divertidos, como descubrir a qué persoa pertence a radiografía que lles fixeran no recoñecemento médico. Mediante as anécdotas do libro, o autor fai pensar ós lectores sobre o sen sentido da discriminación e sobre o feito de que, no fondo, todos somos iguais, aínda que “por fóra” parezamos diferentes.