Esta publicación constitúe unha primeira incursión na traxectoria do Náutico vigués e pon de manifesto a súa importancia dentro da histórica contemporánea de Vigo. Pretende ser, así mesmo, unha homenaxe a directivos, socios e tamén colaboradores, que permitiron que o Real Club Náutico de Vigo siga a ser un referente deportivo e social da cidade olívica.