Gurgulliña sabe portarse ben e quere que tamén nós aprendamos a facelo. Un día decide abandonar o manantial que a viu nacer, para se botar a voar polo mundo espaliando os seus consellos en verso. Unha historia tenra e divertida, que nos axudará a lembrar a importancia dos bos modais para lograr ser felices e facer felices aos demais.