Con esta edición de A rocha dos proscritos (Poemas complementarios, 1994-2004) que inclúe o libro inédito O pasaxeiro inmóbil, Ramiro Fonte ponlle ramo a unha década consagrada a un estilo de escritura poética que pretende demostrar as simetrÃas entre clasicismo e modernidade. Un libro con vocación de provocar un debate estético, como demostra a prolÃfica secuencia de formas, nas que se emparella o culto e o popular. Un libro con vontade de reflectir épocas e ambientes: arquetipos e personaxes reais, e escenarios urbanos de aquén e alén abordados cun ton entre sentimental e paródico no que ondean referentes clásicos, de Baudelaire a pessoa, de Ribaud a Cesário verde ou de RosalÃa a Rubén DarÃo.