On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO (PREMIO MERLIN 2005) de CARREDANO COBAS, RAMON
UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO (PREMIO MERLIN 2005)

Autore
CARREDANO COBAS, RAMON
Editor
Edicións Xerais de Galicia
Isbn
9788497823332
Clasificación
Literatura infantil 9-12
Precio
€ 8,85

Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como redonda e de lectura fascinante. Ramón Carredano Cobas (Noia, 1950) é traballador da banca e escritor. Nos anos setenta foi cofundador con Xosé Agrelo do grupo de teatro Candea, co que percorreron todas as cidades e vilas de Galicia, levando o teatro aos máis remotos lugares. Actualmente segue vencellado ao teatro na Escola de Teatro Liceo de Noia e colabora nas revistas Casa da Gramática do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, e Alameda do Liceo de Noia. Publicou as novelas Frei Samuel (2002), A unlla da aguia (2004), ambas as dúas obras gañadoras do certame de relatos de aventuras Avilés de Taramancos, e Unha branca de cobre para Martiño (Xerais, 2005), Premio Merlín de Literatura Infantil.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios