Sara decidiu que limparía o sofá. Como muller precavida que era leu con atención as instruccións do bote de Escumiña, o producto ideal para limpar en seco todo tipo de alfombras, tapicerías e moquetas. Seguiu as instruccións con xusteza: quitou o po, axitou o envase antes de usalo, pulverizou co bote de Escumiña a unha distancia duns 30 cms, estendeu, deixou secar... e sucedeu que tódalas cores do sofá desapareceron. ¡O sofá estampado estaba completamente branco! As cores decidiron abandonar a casa ó pechar a noite para que ninguén as vise mentres se afastaban. A cor Verde sentiuse culpable por ocupar a orella do pobre de Carlos. A cor Negra caíu nunha rosa e causa sensación. A cor azul vive cunha amiga... Fermoso libro cheo de fantasía, adiviñas para descubrir e recitados para memorizar.