Dez parraguesas, dez xoaniñas, dez vagalumes e dez abellas van desfilando por un libro onde as ilustracións a liña de Lázaro Enríquez destacan pola súa claridade e humor. O texto manuscrito axudará ós neolectores a descifrar uns textos facilmente memorizables, que tamén servirán para xogar e mimar con eles.