Neste ensaio, Ramón Máiz estudia o pensamento de Murguía e mais concretamente a incidencia do mito celta e da idea de raza sobre unha ideoloxía de base liberal-progresista, tema que aplica as últimas técnicas de análise do discurso. Esta obra, que recolle o froito da investigación de Ramón Máiz, catedrático de ciencia política da Universidade de Santiago, referénciase en Murguía, o primeiro autor que vencella explicitamente nacionalismo e historiografía na súa Historia de Galicia, e de quen o autor afirma que levou a historiografía nacional ata un nivel estético, político e mesmo científico que soamente sería superada pola historiografía académica da universidaue galega do posfranquismo.