A colección ?Familia e Escola? parte da premisa de que a familia é a primeira educadora e, como tal, desempeña un papel importante no proceso de adquisición das aprendizaxes. Catro volumes, un para cada un dos ciclos da educación Primaria e outro para a Educación Infantil, destinados á formación de pais e nais na tarefa de colaborar coa escola na aprendizaxe dos seus fillos e fillas. Cunha linguaxe comprensible ?reforzada polas magníficas viñetas do pedagogo italiano Francesco Tonucci? expóñense as características psicolóxicas dos nenos e nenas de cada ciclo, ademais de proporcionar indicacións prácticas sobre o que poden facer pais e nais no ámbito familiar para desenvolver aprendizaxes e colaborar co labor educativo da escola infantil e primaria.