O libro A cociña do verán é o cuarto dunha serie sobre o receitario estacional da cociña galega a cargo do gastrónomo Pepe Iglesias. Con 50 receitas e máis de 100 variantes, nace cunha votande esencialmente práctica, a de ensinar a preparar receitas de tempada no máis tradicional e á vez moderno da cociña galega. A cociña do verán é un libro comprometido, persoal, que toma partido. Un libro que nos abre os ollos ante a situación actual da gastronomÃa galega. Un libro que parte do coñecemento profundo e da enorme experiencia do seu autor. A concepción do libro, cunha estructura de doado manexo e unhas fotografÃas de calidade excepcional, fai del un instrumento de prestixio para a nosa cultura gastronómica, situándoo dentro dos máis altos parámetros da edición internacional. Por outra banda o estilo do libro é sempre ameno e mesmo divertido, concebido para chegar ó público e para que este disfrute léndoo ou cociñando con el. Pepe Iglesias é un gastrónomo de recoñecido prestixio, colaborador das principais revistas gastronómicas do estado, crÃtico gastronómico da guÃa BMW, ex-restaurador que agora se dedica por completo á investigación gastronómica. A cociña do verán sitúase na órbita da nova cociña europea e vén recuperar para a modernidade sabores intimamente ligados ós nosos fogóns. O verán é o tempo da horta, das sopas frÃas, das sardiñas, do bonito, da froita, do tomate, dos pementos, dos escabeches. E Pepe Iglesias tamén investiga as posibilidades da nosa cociña moderna. Receitas coma a caldeirada mariñeira de bonito con patacas, a crema frÃa de algas con ameixas, o gazpacho melón con lumbrigante, os mexillóns en salsa brava, as xoubiñas con salsa caseira de tomate, a grellada de porco ou o soufflé de herba luÃsa con alma de peras urracas, fan a delicia dos que disfrutan co bo comer.
