Roberto Blanco Torres, xornalista, poeta e pensador, foi a figura que a Real Academia Galega escolleu para homenaxear con motivo do Día das Letras Galegas de 1999. Roberto Blanco Torres naceu na vila de Santa María dos Baños de Cuntis o 18 de marzo de 1891. A súa significada actividade política pro-republicana levouno a exercer cargos públicos: gobernador civil de Palencia en 1932 e xefe de prensa do presidente da República, Manuel Azaña, en 1936, cargo este último que xa non chegaría a desempeñar pois foi asasinado o 2 de outubro dese ano. Xerais, como é tradicional xa dende hai dez anos, preparou da man de Juan L. Blanco Valdés un coidado percorrido fotobiográfico que recolle a traxectoria vital, familiar, literaria e política de Roberto Blanco Torres. A obra, coidadosamente editada, está organizada por etapas vitais. Encadernado en cartoné.