Unha noite con Carla é a reconstrucción da historia contradictoria e fragmentada dun limpabotas de políticos crecentes que acabou morto. Unha novela enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapaixonado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada.