On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A COR DO CEO (INCLUYE CD-ROM) de BRAXE, LINO
A COR DO CEO (INCLUYE CD-ROM)

Autore
BRAXE, LINO
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483024132
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 15,78

¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende a vidiña. Despois do ?Avilésland?, do leal saúdo ao capitán indómito e soñador con que o autor comeza a travesía, a min só me queda retirarme a sotavento para prender a paipa deste tabaco de picadura excelente e deixarme levar na brétema braxiana, esa engaiolante atmosfera que nace do encontro da memoria do mar, da radiofonía secreta das estrelas e do bafo de saudade e liberdade dun extraordinario xenio humano. Lino Braxe é un tipo romántico. ¡Fóra toda convención! Romántico quere dicir aquí o que a voz popular entende por tal. Aquel que se entrega ao dictado do corazón, da paixón, do desinterese, da beleza, da tenra bravura, da entrega sen agardar compensación. Romántico é quen navega nos cumios da borrasca coa bandeira libertaria da súa ensoñación. Sen cinismo, sen finximento, sen cálculo. E así son estas historias. Un mapa interior, un mundo trepidamente, argallado de dentro cara a fóra. Aventuras cuspidas por unha melancolía activa, antirreumática, vitalista, que contaxia como un vento mareiro e redentor. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios